Tratado de botánica do amor, que versa sobre
as diferentes especies que resisten as perdas e
desastres de todo tipo, porque son primitivas,
ou sobre as especies invasoras que se apoderan
do noso corazón e non atopamos o modo
axeitado de destruílas. Unhas, resistentes, e
outras, invasoras, tentan sobrevivir nunha
paraxe que é abrupta e boscosa, fermosa e crúa
ao mesmo tempo. Isaac Xubín